Obradoiro de gravado en Dododadá

 Foto de YoshimuraEye 

Obradoiro de gravado impartido na galería Ourensá Dododadá onde experimentamos coa casualidade e a suxestión, no primeiro aniversario deste espazo, cun percorrido cheo xa de propostas enriquecedoras.

 Taller de grabado impartido en la galería Orensana Dododadá donde experimentamos con la casualidad y la sugerencia, en el primer aniversario de este espacio con un rercorrido lleno ya de propuestas enriquecedoras.

Revista Mecenas


 O 24 de xaneiro presentouse o segundo número da revista Mecenas. Nela recóllense diversos gravados en artigos e portada.

 El 24 de enero  se presentó el segundo número de la revista Mecenas. En ella se recogen diversos grabados en artículos y portada.

#mecenas

Edificio Multiusos. A Gudiña

Obras de formato pequeno David medindo a Goliat e formato grande como Home-penedo. Todas elas son gravados, e as técnicas son variadas. Temos linóleos, gofrados, puntas secas e colografías, todas sobre papel. Algunhas combinadas con pintura directa e mesmo unha peza, a titulada Paseo con mestura de óxido de ferro. 

En esta ocasión podemos ver obras de formato pequeño David medindo a Goliat y formato grande como Home-penedo. Las técnicas son variadas: linóleos, gofrados, puntas secas y colografías, todas sobre papel. Algunas combinadas con pintura directa e hasta una pieza, la titulada Paseo, con mezcla de óxido de hierro. 


 

Antrhópos morfé


 Durante o Nadal, Elga acolle un conxunto de terracotas acompañadas dalgunhas pezas máis. Un formato de exposición diferente cunha montaxe chea de gusto como corresponde ao estudo de interiorismo que é.

Durante la Navidad, Elga acoge un conjunto de terracotas acompañadas de algunas piezas más. Un formato de exposición diferente con un montaje con mucho gusto, como corresponde al estudio de interiorismo que es.

A carpeta UVA no Museo do Viño de Galicia


 A carpeta de gravados UVA, composta por 7 gravados homenaxeando os labores da agricultura vitivinícola, pode verse no Museo do Viño de Galicia. Mostra comisariada por Carlota Barrenetxea García-Rodeja.

La carpeta de gravados UVA, compuesta por 7 grabados homenageando las labores de la agricultura vitivinícola, puede verse en el Museo do Viño de Galicia. Muestra comisariada por Carlota Barrenetxea García-Rodeja.

Apertas á chuvia na librería Eixo


 Na sempre activa librería Eixo de Ourense, David González Couso actuou como mestre de cerimonias presentando a segunda carpeta sobre o clima na que participaron Susana Bayo-Besteiro aportando rigorosa ciencia e Conchi da Silva vertendo ao galego por primeira vez poemas de William Blake.

 En la siempre activa librería Eixo de Ourense, David González Couso actuó como maestro de ceremonias presentando la segunda carpeta sobre el clima en la que participaron Susana Bayo-Besteiro aportando rigurosa ciencia y Conchi da Silva vertiendo al gallego por primera vez poemas de William Blake.

Obra gráfica en Boiro

 

Durante o mes de decembro, unha selección de obra gráfica recente con dúas pezas de anos anteriores

Durante el mes de diciembre, una selección de obra gráfica reciente con dos piezas de años anteriores

Homenaxe a Picasso en Ribeira

 


Participación na exposición colectiva dos obradoiros dirixidos por José Fuentes con Antonio Navarro e Isabel Carralero. Un pracer e un erriquecemento coas pequenas perlas do saber dun auténtico mestre.

Participación en la exposición colectiva de los talleres dirigidos por José Fuentes con Antonio Navarro y Isabel Carralero. Un placer e un erriquecimiento con las pequeñas perlas del saber de un auténtico maestro.

Ilustración dun relato de Alba Guzmán

 



Este ano, na presentación da colleita de Oryctes. Acompañou a botella cun relato das terras onde se colleita o viño.

Este año, en la presentación de la cosecha de Oryctes. Acompañó a la botella un relato de las tierras donde se cosecha el vino.

Oryctes, David Rodríguez Barra
Luís O Tabanas, Alba Guzmán
Maqueta, Adriana Pérez
Ilustracións, Xosé Poldras

Aportación ao primeiro libro da editorial Frenética sobre a expo Carteis, cartazes, affiches



O día 3 inaugúrase a exposición de #Baldomero Moreiras #Carteis, cartazes, affiches na Casa dos poetas de Celanova e preséntase o primeiro libro da editorial #Frenética Lab. de #Olga Pastor Alvarado, cun texto crítico de X.Poldras sobre a obra de Moreiras.

 El día 3 se inaugura la exposición de #Baldomero Moreiras #Carteis, cartazes, affiches en la Casa de los poetas de Celanova y se presenta el primer libro de la editorial #Frenética Labde #Olga Pastor Alvarado, con un texto crítico de X.Poldras sobre la obra de Moreiras.

Con Buxus ensemble no Laboratorio Escénico Coop


 Na Coruña fomos acompañados por Alba Fernández, na súa aula de danza.

 Na Coruña fomos acompañados por Alba Fernández, na súa aula de danza.

UVA en Pontedeume



 O día 3, acompañado na mesa por Agustín Vilariño, tivo lugar unha volta máis da itinerancia da carpeta UVA, adicada ao mundo do viño e á xente que traballa a terra. Presentada no convento de Santo Agostiño fundado polos Condes de Andrade na primeira metade do S. XVII, hoxe Casa da Cultura

El día 3, acompañado en la mesa por Agustín Vilariño, tuvo lugar una nueva presentación en la itinerancia de la carpeta UVA, dedicada al mundo del vino y a la gente que trabaja la tierra. Presentada en el convento de Sa Agustín fundado por los Condes de Andrade en la primera mitad del S. XVII, hoy Casa de Cultura


Gana de Simetrías



Presentación en Ourense de Gana de Simetrías, carpeta de dous gravados, cunha tradución de Sófocles a cargo de Ana Goria Rodríguez Alonso e unha análise científica dos efectos do cambio climático en Ridimoas de Pablo Rodríguez Fernández. Presenta e fala sobre o cambio climático Susana Bayo, investigadora e meteoróloga.

Presentación en Ourense de Gana de Simetrías, carpeta de dos grabados, con una traducción de Sófocles a cargo de Ana Goria Rodríguez Alonso y un análisis científico de los efectos del cambio climático en Ridimoas de Pablo Rodríguez Fernández. Presenta y habla sobre el cambio climático Susana Bayo, investigadora y meteoróloga.



Presentación de Gana de Simetrías no Instituto de estudos Miñoráns en Gondomar este 12 de maio.
 

Gravados co Buxus Ensemble


Santa María de Augas Santas

Icatú, Parada do Sil

Dúas mostras da ilusionante colaboración co Buxus Ensemble, elaborando matrizes e estampándoas, todo en directo, referidas aos temas das súa interpretacións renacentistas.

Dos muestras de la ilusionante colaboración con Buxus Ensemble, elaborando matrices y estampándolas, todo en directo, referidas a los temas de sus interpretaciones renacentistas.

 

Entroido na Visol

 

Entroido 0007

Xilografía, colografía e gofrado iluminado a man. 78 x 56 cm

Unha das tres aportacións á exposición colectiva que celebra o entroido na Galería Visol.

A inauguración o xoves de comadres (16 de febreiro) ás 19,15 h.

Actuará o dúo ALENDALUA interpretando danzas medievais.

Calendario no Mur marxinal

Imaxe da vitrina onde varios artistas colgamos a obra para o calendario de advento no Mur Marxinal. Esta é unha estampa de colografía, linóleo e gofrado iluminada a man. Título: Se escoitas as estrelas podes oir o equinocio. A recadación íntegra das vendas doarase a nenos con enfermidades oncolóxicas

 


Reportaxe dos Caprichos espidos xunto a Goya e Dalí, no Museo do Gravado de Artes

Presentación de UVA acompañando a Oryctes


 Nova presentación de UVA, carpeta de 7 gravados sobre a agricultura e o Viño. Desta vez acompañando ao viño do Ribeiro Oryctes, no Liceo de Ourense.

Os Caprichos espidos no Museo de Artes






Inauguración dos Caprichos espidos na Fundación Museo de Artes do Gravado, con Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura; Xoán Pastor, Director do Museo; María Sampedro, Tenente de Alcalde de Riveira e Carlos Bernárdez, comisario da exposición. Introducida por un recital de violín a cargo de Cecilia Rodríguez García. 
Este fantástico museo conta nos seus fondos cunha gran colección entre a que se atopan os Caprichos de Goya ou a versión que deles fixo Dalí. Ámbolos dous, Goya e Dalí complementan a mostra facendo un diálogo a tres bandas. Pódese ver ata o 14 de decembro.


 Na terra do viño unha homenaxe á xente que o traballa.

Incluído recital de música clásica no ecuador da mostra.

Mandín estivo estes días cercado polo lume. A exposición inclúe ademáis unha obra evocando esta traxedia.

O xuízo de Paris


Unha charla sobre o que nos contan as imaxes, comparando cinco cadros de diferentes momentos da historia da arte nos que o motivo é o asunto do Xuízo de Paris.

Una charla sobre lo que nos cuentan las imágenes, comparando cinco cuadros de diferentes momentos de la historia del arte en los que el asunto es el mito del Juicio de Paris.

Día dos museos no Centro Cultural Marcos Valcárcel


 Un obradoiro aberto a todo tipo de público para reflexionar sobre a composición en dúas dimensións

 Un taller abierto a todo tipo de público para reflexionar sobre la composición en dos dimensiones

Epicuro e tres epitafios de Buonarroti


Na liña doutras carpetas anteriores, esta vez traducidos por Alfonso Vazquez-Monxardín, tres cuartetos de Miguel Anxo, o xenio renacentista, que van acompañados de tres gravados, un deles en díptico.

O escritor Isaac Pedrouzo e máis eu manteremos unha conversa sobre as motivavións da carpeta e as relacións entre o Renacemento Italiano e un texto clave da época clásica De rerun natura, do poema de Lucrecio, coas intervencións que o público considere.


En línea con otras carpetas anteriores, esta vez traducidos por Alfonso Vazquez-Monxardín, tres cuartetos de Miguel Angel, el genio renacentista, acompañados de tres grabados, uno de ellos díptico.

El escritor Isaac Pedrouzo y yo mantendremos una conversación sobre as motivaciones de la carpeta y las relaciones entre el Renacimiento Italiano y un texto clave de la época clásica De rerun natura, el poema de Lucrecio, con las intervenciones que el público considere.

 

XII Premio Atlante


Este mediodía inaugurouse a exposición do XII Premio de Gravado Atlante en Fundartes, na que participo cunha obra entre as 50 que compoñen a mostra, seleccionadas entre artistas de 19 países de Europa, Asia e América. Agradezo ao xurado ter contado co meu traballo e mostro a miña admiración polo labor da Fundación Museo de Artes, a do seu padroado e a de Xoán Pastor, director do Museo.

Este mediodía se inauguró la exposición del XII Premio de Grabado Atlante en Fundartes, en la que participo con una obra entre as 50 que componen a muestra, seleccionadas entre artistas de 19 países de Europa, Asia y América. Agradezco al jurado haber contado con mi trabajo y muestro mi admiración por la labor de la Fundación Museo de Artes, de su patronato y la de Xoán Pastor, director do Museo.


O venres 12 presentouse no Parlamento de Galicia este interesante libro do biógrafo de Celso Emilio, Ramón Nicolás. Nel recóllese o ronsel do poeta nos 40 anos posteriores ao seu pasamento. O autor tivo a ben facer referencia á miña carpeta Catro gravados para O neno preguntaba.
 


Obradoiro entre a teoría e a práctica sobre os resortes para a creación de historias e a ilustración, esperemos repetir.

 A fermosa Sala Valente acollerá un recital destes dous grandes músicos o día 30 ás 20:00 h.

O aforo é limitado e a entrada de balde, procurade non perdervos este luxo na mostra dos

Caprichos espidos.



 


 Esta tarde do 18 de decembro presentaremos con Antonio Piñeiro a Carpeta NÓS inspirada na universalidade da xeración que honramos este ano 2020.

Será no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense ás 20:00 h.


Os Caprichos espidos 

pódense ver dende o 28 de outubro na Sala Valente do Concello de Ourense, Rúa do Paseo.

Cartafol de 80 debuxos versionando o cartafol de Goya, máis 11 gravados.

Completa a mostra unha comparación dalgúns debuxos do álbum Nós de Castelao cos Caprichos de Goya. Ámbolos dous en edición facsimilar.

De martes a sábado de 11:00 a 13:30 h e 18:30 a 21: 30 h

Domingos de 11:00 a 13:00 h



Los Caprichos desnudos
Se pueden ver desde el 28 de octubre en la Sala Valente del Concello de Ourense, Rúa do Paseo.
Carpeta de 80 dibujos versionando la carpeta de Goya, más 11 gravados.

Completa a muestra una comparación de algunos dibujos del álbum Nós de Castelao con los Caprichos de Goya. Ámbos en edición facsimilar.

De martes a sábado de 11:00 a 13:30 h y 18:30 a 21:30 h

Domingos de 11:00 a 13:00 h


 Dende o 7 de outubro, queda aberta a mostra Traballar cansa na fermosa biblioteca pública "Nós", Rúa Canle, 6, Ourense. Consultar horario.

Non fixemos a preceptiva inauguración por mor da situación sanitaria, pero invitámolos a visitala seguindo as indicacións das autoridades.

Poderán ver unha serie de obras de bibliofilia en edicións limitadas. Carpetas con poemas de diferentes autores acompañadas de gravados.

Gravados e monotipos para a Xeración NÓS en Celanova


 Continúa a itinerancia da homenaxe á Xeración Nós, esta vez na querida Casa dos Poetas de Celanova, sede da Fundación Curros Enríquez.

NUBES




Mirar ao lonxe sempre é agradable. Fíxate con atención nas nubes e deixa descansar os teus ollos. Se ademáis as debuxas o pracer multiplícase, e ninguén poderá dubidar da túa pericia. Ideal para o confinamento.
Máis en Taller de nubes.

Mirar a lo lejos siempre es agradable. Fíjate con atención en las nubes y deja que descansen tus ojos. Si además las dibujas el placer se multiplica, y nadie poderá dudar de tu pericia. Ideal para el confinamiento.
Más en Taller de nubes.

Fundación Cum Laude. Mirar el arte

Despois de que na edición do ano pasado falara do Cadrado negro sobre fondo branco de Malèvich, este ano vai unha charla sobre os meus admirados Caprichos de Goya, con coloquio posterior.

Después de haber hablado en la edición del año pasado del Cuadrado negro sobre fondo blanco de Malèvich, este año toca una charla sobre mis admirados Caprichos de Goya, con coloquio posterior.